Nostridade

miércoles, octubre 25, 2006

Lembranzas

http://beta.photoshow.com/watch/eT7hg4Tk

viernes, octubre 13, 2006

No día do ovo...


Hoxe é o día do ovo. Tal e como dixo no seu momento a miña amiga Berly, hai días para todo. Eu, ás agochadas de Berly, que non lle gustan nada as galiñas, segundo ela, por teren plumas, vou renderlle unha homenaxe ás pitas. Si, porque os ovos son un dos meus alimentos preferidos: en tortilla, en ensalada, fritos, cocidos ... eu acompaño unha morea de comidas cos ovos.
Ademais o outro día descubrín unha cousa: os ovos non rachan sempre. Se colles un ovo pola punta de arriba e pola de abaixo e apertas ben forte... o ovo non racha nin aínda que te poñas colorado/a. Co cal deduzo que se un ovo cae de pé non se parte.
E para celebrar este día ben celebrado prepararei ovos de cea ...
BRÉTEMA

jueves, septiembre 28, 2006

Cantar ou da-lo cante


Cando estabamos en Salamanca Brétema e máis eu, dedicabamos gran parte das frías tardes en cantar e bailar. Sáir á rúa era moi doloros: doiame a cabeza, tiña os labios descuartizados, as mans coma globos colorados e ó cabo dunha hora máis ou menos o corpo íase conxelando ata limitar os movementos ó mínimo (parpadear e move-las pernas)e o aire que respiraba subia polas fosas nasais coma coitelos ben afiadiños (puff qué tráxico)...Había que buscar alternativas. E moitas veces acompañabamos as nosas voces dalgún acorde de guitarra que Brétema coñecía, incluso nos fixemos cun libro de acordes para ampliar o noso repertorio. Un día chegamos ata tal punto que decidimos graVar as cancións interpretadas por nós. E como tiñamos tantas tantísimas cousas que facer, esquecíamos a maioría de cousas. E aí quedaron as cancións, gravadas nun cassete destes que xa ninguén utiliza. Fixemos a nosa vida pasáronnos miles de historias, e un día fixemos un programa de radio na Facultade de xornalismo salmantina. Levams unha gravación cuns cortes que queriamos incluir no programa...e as cancións renaceron!!!A cinta na que tiñamos as declaracións serias era a mesma que a das nosas peripecias coa música, só que cada cousas nunha cara do casette. E nós, intelixentes como as nosas nai nos pariron, equivocámonos de cara e deleitámolos a todos coas nosas melodías!! Pasamos unha vergonza das que se lembran moitos anos!Xa vos imaxinades que todos riron canto quixeron, e nós tamén, qué raios! Berly

miércoles, septiembre 27, 2006

Bioloxía


Descubrín que o camiño profesional que estou a levar é erróneo. Si, si, e descubrino grazas a un email. Xa vedes que agora ata as novas tecnoloxías queren decidir por nós. O xornalismo, segundo esta páxina non se corresponde coa ocupación que eu debería ter para sentirme realizada. O futuro non se predí xa nos posos do café, nin na mítica bola de cristal nin sequera nas cartas. Todo está en Internet. Eu nacín para ser BIÓLOGA. Brétema sacou a cabeciña para ser avogada, segundo o seu nome e o seu apelido, e o seu mozo para ser azafata!! jaja sintoo Jony...meu pai para ser bombeiro, meu irmán contable e miña nai cociñeira. Pero o mellor de todos é Roberto, o meu querido veciño, que definitivamente equivocouse de traballo, en lugar de ser auditor debería ser chulo! Eu cando o vin alucinei. Polo visto ninguén vai encamiñado na súa elección. O que máis me gusta é o nome do adeviño: job predictor. Parece que che vai dicir o sexo do teu fillo ou algo así...Pero non. Para iso xa existe o método da medalla. O que máis me gustou foi o futuro de Pau Gasol (non sei por qué me deu por poñer o seu nome, se non me gusta o baloncesto...en fin, será para ver se acerta algunha vez o predictor este...). Ben, pois Pau Gasol debería ser: señorita de liña quente. Xa vexo que a fiabilidade desta páxina é o 100%. Este predictor non ten prezo. Miguel Indurain: parado; Raúl González: ciclista e a eterna presentadora dos informativos de TVE, Ana Blanco: streaper!!! Pensade ben o que facedes...Berly

lunes, septiembre 25, 2006

Cambio de look

Tampouco está tan mal. Ó principio nin gracia me facía iso de cambiar a imaxe corporativa da CRTVG (Compañía de radio televisión de Galicia) pero agora que abandonamos ó logo aquel tan típico e simétrico, tan equilibradio e perfecto, vexo que cambiar de aires, de cores e de logo viña ben.

A pesar de que me parecía o logo máis bonito de todas as cadeas estatais, había que sacrificar a beleza pola renovación despois de tantos anos, que o logo anterior estaba moi desgastado, e en xeral a TVG e a RG en xeral, a progamación, os presentadores, o decorado...O de agora é máis minimalista.

E o que é mellor, puiden ver o cambio dende dentro, tiven a oportunidade de coller dous micros diferentes da mesma compañía. Bueno, voume estrae hoxe, indo a dúas roldas de prensa levando como antorcha olímpica o micro cunha G inmensa. O director da nova campaña é nin máis nin menos: Alejandro Vázquez!! Si, ese profesor da facultade que puña notas tan sumamente baixas porque consideraba que non eramos o suficientemente brillantes. "Mira, e verás...a galega". Esta é a frase estrela, acompañada dun fondo natural con manatiais e árbores e de todo. E pretenden que este medio se coñeza como " a galega". Realmente todos lle chamabamos así antes de que eles o quixeran popularizar. Aínda que moitos lle chamaban "telegaita", algo que sempre me fixo moita graza, agora xa lle teñen máis respeto. Non sei por canto tempo...Berly

domingo, septiembre 24, 2006

Árbores caducos, espídevos


Como todos saberedes porque sodes persoas ben informadas e acostuadas ós cambios estacionais, chegou o OUTONO!!!Xa sei que a moitos non vos fai ilusion, pero todas as épocas do ano teñen o seu aquel. É o momento do recato, de taparse un pouco despois de andar tan espidos pola vida calurosa que nos deu o verán. O meu calendario tamen chamado almanaque é moi gráfico, e sempre te avisa de que tés que cambiar o chip e tamén como non, a roupa que vas levar e sobe todo os zapatos. É un calendario preocupado polo teu benestar. A primavera ten as paxinas verdes, o verán amarelas, o outono é marrón e o inverno, azul. Está todo moi claro, e non terei que explicavos os motivos destas asociacións que non son sin arbitraras nin caprichosas.Pero hai asimilacións e adxudicacións que si que o son. Por exemplo, a qué estúpido se lle ocurriu que as nenas se identifican polo rosa e os nenos polo azul? Agora a todo o mundo lle parace incuestinable e lóxico, poque claro, estamos acostumbados a velo así. Pero no principio dos tempos non había un referente no que basease. Supoño que esto de dicir qué signifixca cada cor teá unha base sentimental, o que transmite unha cor, porque é algo que non depende da razón, non se pode explicar nin moitos menos extrapolar, e depende de cada un. Puf, que academiscita estou hoxe. En fin o que quria dicir é que non hai unanimidade. Veredes. O amarelo é a cor do diñeiro, isto é lóxco. Pero as veces é a cor da amizade, nin me preguntesdes porqué. Pero algo máis inetersante é a relacion de ideas, a palla mental que se fixo o que pensou o seguinte: o vermello e a cor do amor, por que? pois porque é a cor do lume, do calor, e o que está quente leva á paixon, en definitiva ó amor. E dende aí chegamos a que o inferno e os demos son vermellos. Porque a paixón é algo malo e con eso vas dereitiño ó inferno e por iso no inferno fai tanto calor que queima. Está todo pensado e é todo cultual. Que fuerrrrte. O branco é a cor da pureza, da bondade, das nubes, do que está limpo, e claro, se eres bo estás limpo de pecado. Estás impecable, impoluto, como as virxes. Qué cousas nos ocultan unhas cores que parecian tan inofensivas. O verde é a cor da natureza, e polo tanto da saúde. O naranxa non sei que significa. Só que é a cor do traxe do home do butano. Significará gases, eu que sei. E o azu, que é, traballo? Ou será o naranxa poque o butanero sempre ten moito traballo para subir as bombonas e non herniarse? A xente abúrrese moito. Feliz OUTONO. Berly

sábado, septiembre 23, 2006

Diluvio Universal II


Teño unhas botas que cambian de cor. E non son máxicas. Hoxe saín á rúa prevista de paraugas para evitar as molladuras de días anteriores, pero nada puiden facer polas miñas pobres botas. Eu saín cunhas botas marrón clariño e voltei cunhas botas case negras. Tiven toda a mañá para ir comprar e a casualidade fíxome rematar a miña actividade consumista cando se puxo a chover a cántaros. Para que despois digan que os galegos non lle temos medo á choiva. Alí estabamos unhas 7 ou 8 persoas na porta do supermercado esperando a que o ceo quedase a gusto (e non poño o nome do supermercado porque non me dá a gana de que cando rematedes de ler isto vos entren uns irreprimibles desexos de mercar nese establecemento que xa sabedes o que pasa coa publicidade subliminal e a que non o é tanto). En definitiva, que a ninguén lle gusta mollarse. Aínda que iso non o teñen moi claro os alcaldes de algunhas cidades que están moi mal preparadas para recibir este fenómeno atmosférico. Se total, as choivas "habelas hainas", haberá que acondicionar os lugares para iso. Nin que onte se descobrise a choiva. Que leva así toda a vida home!A auga cubría as miñas botas mercadas o ano pasado non preparadas para cruzar o río que era o aspecto daquela rúa. Isto semella o Diluvio Universal 2ªparte. E como as segundas partes nunca foron boas, a ver que pasa...A verdade é que co alarmismo que crearon os medios de comunicación, situación á que eu non contribuín coas miñas noticias xa que no Diario Cultural non hai cabida para o sensacionalismo, eu pensei que Galicia ía desaparecer do mapa, pero non, auqui seguimos, sen algún que outro tellado, pero resistimos ó débil e raquítico Gordon que dentro do medo que nos crearon, tampouco foi para tanto. Mellor. O Correo Galego tivo moito que ver con semelante titular: "Galicia será barrida por lluvias tropicales y vientos huracandaos" Sálvese quen poida. Berly