Berrar cando fai falta

AAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAH
Sempre me preguntei por qué cando queremos berrar, darlle intensidade ao que escribimos, ou mostrar enfado utilizamos as maiúsculas. Supoño que non é o mesmo escribir "estou farta de todo" que escribir ESTOU FARTAAAAA DE TODOOOOOOOOOO. Esa é outra, cantas máis veces repetimos a mesma letra, máis forza ten o que escribimos. Estes recursos da escrita son moi curiosos, e aínda que ninguén se pregunta por qué, todo o mundo os utiliza. Parece que canto máis grande é algo máis forza ten e en consecuencia o lector vaiche facer máis caso. A verdade é que eu son a típica que escribe sempre en minúsculas pero coloco coidadosamente todos os acentos, as maiúsculas onde teñen que ir e coido as faltas de ortografía cando escribo no messenger ou un correo electrónico. As letras de cores non faltan e as maiúsculas para berrar ou enfadarme tampouco. Ser expresivo sempre está ben, e cando non tés os xestos, as miradas, o ton de voz, a proxémica e todas esas cousas que non se transmiten pola linguaxe verbal necesitas algo máis. E así o entenderon os inventores dos iconos xestuais do messenger e do correo. Qué faríamos sen eles...E aínda así ás veces unha ironía se entende como cousa seria..Lástima que aqui non os haxa ;-) Berly

1 Comments:
Xa sei que este blog compartido é un chisco raro se resulta que a túa compañeira che manda un comentario, pero ... tamén ten o seu aquel. Que saibas que os iconos a min encántanme, sobre todo para facer esas "historias icónicas" que hai dous anos me facías e agora xa non... Agora xa non podo rir tanto con elas. ¡¡¡Cachis!!!! BRÉTEMA
Publicar un comentario en la entrada
Links to this post:
Crear un enlace
<< Home