Nostridade

viernes, agosto 18, 2006

Isto xa queima


Tirar a a pedra e esconder a man. Pegarlle a un neno pequeno. Arremeter contra os débiles. Prender lume e sair correndo. A vida está chea de cobardes. Monte baixo, arborado, ratos, ardillas, os cabalos de Sabucedo, vacas...animais que sofren a insensatez de outros animais que se fan pasar por racionais e que non o son. Un paisaxe de luto. Este ano Coruña e Pontevedra foron as máis afectadas polo lume. Carreteras cortadas, xente incomunicada, privada de aire para respirar, contaminada polo fume e o peor: desastre ecolóxico. Destrozar é moi fácil, un segundo fai falta para que miles de hectáreas ardan sen remedio. Moitos anos para que todo volva a ser como antes, contando con que os pirómanos non volvan queimar os terreos que se rexeneran. Moito pedir. Berly

0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home