Nostridade

miércoles, agosto 16, 2006

Naufraxio no lume


O lume queima ata as palabras, ainda que empapadas de bágoas e sudor. Pode con todo. Quería escribir tantas cousas e non atopei as verbas necesarias para poder expresar todo o que sentín con Galicia ardendo polos catro costados. Pero ademais fíxome experirmentar nas miñas carnes algo tan ruin como o clasismo. Un intento de atentar contra a igualdade das persoas, tentativa que foi botada pola borda grazas a Renfe. Explícome. Vivín un Titanic dos nosos tempos, un intento de privilexio social. En fin, un incendio en Maside, na provinvia de Ourense fixo que un domingo deste mes de agosto eu e o resto de asiduos viaxeiros do barato e destrozado Rexional Ourense Santiago tivésemos que esperar máis dunha hora para poder chegar ó noso destino. Pero tamén tiveron que agardar as "very important person" que viaxaban en primeira claso do Talgo que ía a Coruña. Atoparon unha fácil solución para os do Rexional, e axudáronnos antes que os preferentes do Talgo. Un autobús levounos ata o Carballiño, onde nos estaba espernado o Rexional unha vez salvado o quente obstáculo. Un enfurecido señor, nun comentario sobrante dixo: - nós que pagamos máis, tamén tardamos máis. Neses malos momentos, lembrei o que deberon vivir os tripulantes de terceira clase do Titanic, só por pagar menos, nesa selección capitalista dos que ían vivir e os que debían morrer conxelados no ártico océano. Nós tamén tiñamos que perder tren por viaxar nun tren máis lento, máis vello e mási ruidoso? Non temos xa bastante con viaxar nese cacharro?? Entristéceme pensar que aínda queda xente que pensa que os cartos diferencian as persoas. Berly

0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home