Nostridade

miércoles, agosto 30, 2006

Paz e amor


Para qué sirven as pombas? Non fan beneficio ningún, cagan as rúas, perseguen as farangullas de pan sen ter en conta quen está polo medio e se te descoidas ata te cagan a ti. Son gregarias e tontas, emiten sons estranos e en fin, son feas con ganas e nas cidades son unha plaga. O que non entendo é como séculos há tiñan a importante misión de transmitir mensaxes. E aínda entendo menos por qué son o símbolo da paz, se de pacíficas non teñen nada. Ó mellor todo está relacionada e naqueles tempos de guerras transmitían as mensaxes de paz mediante o único medio dispoñible: as pombas. Mensaxe dun exército ó outro: "Rematou a guerra. Os gañadores somos nós. Devolvédenos a pomba ou iniciamos outro conflicto bélico. É moi fea pero é a única que temos. Antes de mandala de volta curádelle a pata que a ten fastidiada."
Tamén se enviaban cartas de amor nunha época de matrimonios por conveniencia. E claro, as parexas namoradas tiñan que recurrir a estes métodos xa que non o tiñan fácil para verse. Sempre ás agachadas. Así tamén tiña máis emoción, de que non te pillaran. Claro que se o facían, ías á fogueira de cabeza. Era un pouco arriscado...pero sempre paga a pena. Vedes como non son tan pacíficas. Se ata facían enfurecer a maridos celosos e mulleres cornudas que levaban a súa ira ó extremo. Sempre armando bulla estas pombas. Claro, pode ser que como voan, semelle que podan chegara ata Deus e ser as intermediarias entre o ceo e a terra, as mensaxeiras do todopoderoso. Quen o sabe. Ó mellor existe un estudo sobre a relación paz-pombas. Eu só fixen suposicións. Sacade as vosas propias conclusións. Berly

1 Comments:

At 5:56 PM, Blogger Brétema e Berly said...

Mensaxe dun home a unha muller: "Xa es cornuda. Xa non te quero. Devólveme a pomba en menos dunha semana ou non marcho da casa. E o carro de cabalos é para min. Non me contestes se non queres pero devólveme a pomba que me servirá para mandar máis mensaxes a outras mulleres." BRÉTEMA

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home