Nostridade

miércoles, agosto 23, 2006

Traxedia no Intercity

Viaxar en tren non ten porque ser perigoso pero a veces hai malas novas. Sinto moito que morreran seis persoas no accidente do Intercity que o luns saiu de Galicia. E sinto moito tamén que pasara nesa liña, sobre todo se alguén que queres adoita viaxar por aí dúas veces por semana. Nestes intres síntome un chisco afortunada, afortunada por non ser eu a que chora un ferido nin un morto, que puido ter sido. Nestes casos case non hai xustificación para as mortes nin tampouco consolo, pero o único que se pode pensar é que quizais tivo que suceder.
De todos xeitos, e dende aquí, eu tamén sigo dicindo que os trens en Galicia teñen que cambiarse xa. Agora temos mellores rexionais que hai tres anos, e tamén o talgo a Madrid e xa mellor, pero o traxecto a Barcelona e a Irún segue deixando moito que desexar en comparación co resto de España. E lémbrolles os involucrados que, cando menos, somos xente coma os outros. BRÉTEMA

1 Comments:

At 9:55 AM, Anonymous Anónimo said...

Los sistemas de aviso de emergencia y cambio de señalización tenían mas de 30 años, alucinante!!!!!!!!!!!


JONY

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home