Asasinos en potencia

Non estou eu moi enterada dos puntos que che quitan por portarte mal ó volante pero creo que ó especimen que vin hoxe deberían prohibirlle manexar un coche, porque decir que aquilo era conducir é unha ofensa a todos os que o fan ben. Un pitillo nunha man e o móvil na outra. Así ía o imprudente, sen atenede-la tarefa da condución. Despois pasa o que pasa, claro, saltamos un paso de peóns, levamos un pobre ser por diante, pero ui, foi sen querer, é que non estamos ó que hai que estar. Só falataba que levara unha impresionante muller de copiloto, que según din algúns entendidos no temas, distrae moito. Eu como non son condutora non sei se levar a un home fantástico e ben feito ó meu lado podería turbarme, o que si sei é que non hai cousa máis perigosa que conducir cun neno no interior, case peor que manexar cun mono apuntándote cunha ballesta, coma naquel mítico anuncio ó que o protagonista encantáballe conducir con ese peculiar copiloto. Hai gustos para todo. Sempre nos queda lembrar unha canción chea de boas intencións:- precaución amigo conductor, la senda es peligrosaaaaaa...Berly

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
Links to this post:
Crear un enlace
<< Home